viernes, 7 de febrero de 2014

FACEMOS UNHA PROBA POLO DÍA MUNDIAL CONTRA A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA


ARGUMENTO:
Collé Ardo vive nun pobo Africano. Hai sete anos non permitiu que a sua filla fora sometida a ablación, unha practica que lle parece unha barbarie e que ela tamen sufriu. Catro nenas escapan do ritual da "purificación" e pidenlle a Collé que as protexa. Isto provoca unha crise na aldea: enfróntanse dous valores, o respecto ao dereito de asilo(moolaadé) e a tradición da ablación

A película é un drama dirixido por Ousmane Sembene en 2005 no Senegal 



Aplastamento de peitos, algo que se debería erradicar.
As menores de Camerún sofren o “planchado” de peitos para disimular pubertad e así evitar violacións e embarazos non desexados.
Cando os seos comezan a crecer, póñenlles pedras quentes sobre eles para esmagalos.
Segundo contan, hai que apertar forte sobre os seos que comezan a desenvolverse e planchar cara arriba e abaixo tal como si fose unha camisa. Desta forma van danando os tecidos, causando feridas, creando abscesos, infeccións e ata causar un futuro cancro. O proceso repítese día a día e adoita durar varios meses.
O Departamento de Estado de Estados Unidos, nun informe sobre os dereitos humanos neste país de África en 2010, asegurou que esta tolambana tradición africana "provoca queimaduras, deformidades e problemas psicolóxicos". Coma se isto fose pouco, o doloroso planchado non logra o seu obxectivo e moitas adolescentes de igual xeito quedan embarazadas.
Se miramos a taxa de alfabetización en Camerún é bastante baixa o que fai mais probable que isto sea unha das causas desta practica tan inhumana.
É unha práctica que debemos denunciar todos.