miércoles, 6 de noviembre de 2013

APRENDEMOS CON EL CINE:``EN BUSCA DEL FUEGO´´



Para rematar o tema da Prehistoria, vimos a película En busca del fuego. A película é moi interesante para comprender un pouco mellor a Prehistoria.
Unha das cousas mais logradas é o xeito de xesticular os personaxes, o que demostra que houbo unha documentación moi importante por parte dos produtores e realizadores da película.
Hoxe himos centrarnos en dous aspectos de esta obra clásica:

  • A aparición da linguaxe.
  • O desenvolvemento da sexualidade humana.

Segundo a definición da Galipedia, a sexualidade é: 


"A sexualidade humana de acordo coa Organización Mundial da Saúde defínese como: Un aspecto central do ser humano, ao longo da súa vida. Abarca ao sexo, as identidades e os papeis de xénero, o erotismo, o pracer, a intimidade, a reprodución e a orientación sexual. Vívese e exprésase a través de pensamentos, fantasías, desexos, crenzas, actitudes, valores, condutas, prácticas, papeis e relacións interpersoais. A sexualidade pode incluír todas estas dimensións, no entanto, non todas elas se vivencia ou se expresan sempre. A sexualidade está influída pola interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, económicos, políticos, culturais, éticos, legais, históricos, relixiosos e espirituais."
CUESTIÓN: 
Como evoluciona a sexualidade humana na película?  


O primitivismo das súas condutas sexuais reducidas ao apareamiento. O filme mostra precisamente a aprendizaxe posterior que os individuos viaxeiros realizarán destas condutas tán humanas,de modo que ao final do filme serán capaces de rir e dun intercambio afectivo e erótico na práctica da sexualidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario